Galicia

Afectados polas preferentes impiden que se aproben os orzamentos de O Rosal

Este sábado, os afectados polas preferentes e subordinadas impediron que se celebrase o pleno ordinario convocado para asinar os presupostos. Segundo informa a Plataforma do Baixo Miño, “chegouse até este punto porque o rexedor do Concello do Rosal segue sen comprometerse públicamente cos afectados para que recuperemos a totalidade dos nosos aforros”.

Dende a mesma insisten en que no momento que o alcalde asine o devandito público de que os afectados van a recuperar os seus aforros , “e de non ser así, pon o seu cargo a dispor, volveránse a celebrar plenos neste concello. Namentras seguiremos facendo presión até acadar una solución política”.

A Plataforma do Baixo Miño lembra que continúan os peches no Concello do Rosal, e, de Tui, “pois, seguimos sen ver resultados nen compromisos”, e sinalan que hai afectados que están no paro, con hipotecas, sen recursos para chegar a fin de mes, e que non poden recuperar os seus aforros “secuestrados en preferentes e subordinadas”, e, que agora máis ca nunca precisan deles, e cada vez a súa situación é máis  precaria, polo que “é entendible de que a presión vaia en aumento”.

Os afectados fan un chamamento á sociedade para que, “o día 2 de febreiro se solidarice con nos, e nos acompañe na manifestación que imos levar a cabo en Compostela na que imos pedir a devolución dos aforros da Galicia”.

 

También te puede interesar