Galicia

A flota cefalopodeira en Mauritania reclama a implicación de Feijóo

Os mariñeiros galegos da flota cefalopodeira afectada polo peche do caladoiro de Mauritania, tras o acordo pesqueiro entre o país africano e a UE,  reclaman unha reunión co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, previa á nova comisión mixta para negociar o pacto, prevista para o vindeiro 19 de febreiro.

Ase o informa hoxe o sindicato CIG, dende o responsábel de Mar, Xabier Aboi, demandou a implicación do Goberno galego para lograr que se modifiquen os termos dun acordo que veta a flota galega, composta por 21 pesqueiros que empregan unhas 400 persoas.

O sindicatos nacionalista avanzou o inicio dunha campaña de concienciación social e a convocatoria dunha gran protesta en Marín para o vindeiro 15 de febreiro.

Os afectados reclaman a implicación da Xunta na presión a Mauritania para que acepte modificar os termos dun acordo que provocou que os mariñeiros leven seis meses en terra, ao tempo que reprochan a ausencia de representantes do Goberno galego o luns en Bruxelas, en comparación coa representación canaria que si asistiu ao debate.

A concentración prevista levaráse a cabo na Alameda de Marín o día 15 de febreiro -cando se cumpren seis meses e medio coa flota amarrada- a partir das 20.00 horas “porque nunha situación de crise coma esta non podemos permitir que desaparezan 20 empresas”. Ademais, queren reivindicar o seu dereito “como cidadáns galegos e europeos” a poder vivir do seu traballo.

Aboi aproveitou a comparecencia pública para comentar distintos aspectos do debate parlamentario, no que ao seu entender quedou claro que a maior parte dos eurodeputados están en contra do acordo, ademais de ratificarse que a poboación de polbo nesas augas non está ameazada, e que os informes que empregou a UE están desfasados “porque son de 2008, cando o polbo ten unha vida dun ano, e van en contra de estudo máis recentes feitos polo Instituto Español de Oceanografía”.

O responsábel de CIG-Mar amosouse moi crítico co feito de que o acordo contemple pagar a Mauritania 70 millóns de euros por 110 barcos -nun acordo que tamén cobre aos barcos de Irlanda ou Holanda, dedicados á captura de peláxicos- cando o anterior, polo mesmo prezo, permitía faenar a 170.

“Ninguén discute o dereito de Mauritania ás súas augas”, subliñou Aboi, o que si rexeita é o feito de que o acordo con China sexa máis favorábel á frota do país asiático, “cando a UE é un socio preferente de Mauritania”.

Finalmente, lembrou que non existe outra alternativa que as augas de Mauritania, porque os demais países africanos ou teñen augas moi escasas (Gambia), están pechadas por razóns políticas (como Guinea-Bissau, cuxo goberno non recoñece a UE) ou requiren empresas mixtas (Senegal).

También te puede interesar