RGPD - Cookies
Galicia

Oza e Cesuras levan aos seus plenos, este venres, a fusión dos dous concellos

As corporacións dos concellos coruñeses de Oza e Cesuras celebrarán este venres senllos plenos para a aprobación definitiva do seu proceso de fusión, que contará só cos votos do PP despois de que os grupos da oposición amosasen o seu rexeitamento nos anteriores plenos.

PSOE, BNG e os non adscritos de Cesuras, integrado por antigos concelleiros nacionalistas, non están dacordo co procedimento empregado para a fusión, xa que, ao seu entender, debería realizarse baseándose na Lei de Administración Local de Galicia e que esixe o apoio dunha maioría de dous terzos. No caso de Cesuras, isto implicaría o apoio de, polo menos, un concelleiro da oposición ao non ter maioría o PP coma se acontece no Concello de Oza dous Ríos.

En agosto do ano pasado, ambos os dous concellos aprobaron en Pleno o inicio do proceso de fusión, solo cos votos a favor do PP. Tras a súa aprobación agora en pleno, o expediente do acordo remitirase á Consellería de Presidencia. Antes da súa aprobación definitiva polo Consello da Xunta, que é o que aproba tamén a modificación dos termos municipais, deberán emitir os correspondentes informes a Deputación da Coruña, o Consello Consultivo e a Comisión Galega de Delimitación Territorial.

Cando conclúa o proceso, Cesuras, con 2.225 habitantes, e Oza dos Ríos, con 3.229, formarán un único concello, baixo o nome de Oza-Cesuras. Así, Galicia pasará a contar con 314 municipios, o mesmo número que en 1996, xa que en xaneiro de 1997 se creou o Concello da Illa de Arousa, tras segregarse de Vilanova.

 

También te puede interesar