A Marcha Mundial das Mulleres convoca para este mércores (20 h.) diante do MARCO, unha concentración o mércores en repulsa polo asasinato, a mans da súa parella, dunha muller en Ferrol o pasado venres. O acto pretende que «a indignación de toda a sociedade saia á rúa» para «rexeitar o cruel asasinato desta muller» e «denunciar a violencia machista padecida polas mulleres».
Os feitos aconteceron o pasado día 21, cando a muller, de 42 anos de idade, recibiu varios disparos, efectuados pola súa parella, quen despois se suicidou nun domicilio do concello coruñés de Fene.