Comarcas

Nova ruta para protestar contra o proxectado parque eólico do Morrazo

A ‘ruta reivindicativa’ organizada pola Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, contra a instalación dun parque eólico preto de Pedras Negras, movilizou este domingo a máis dun cento de personas de Moaña, Marín e Vilaboa, concellos afectados pola Enel Green Power España. Durante a protesta recolléronse alegacións contra esta iniciativa que atópase na fase de exposición pública ate mediados de xaneiro.

Trátase da terceira acción deste tipo e a mesma comezou xunta a mámoa de Chan da Arquiña, catalogada como Ben de Interés Cultural, para denunciar que as obras do parque eólico para a ampliación de pistas e a tirada do cableado afectarían ao patrimonio arqueolóxico da zona, onde están as mámoas de Fonseca e  Chan de Lagucheiros, así coma o petroglifo de Outeiro do Gorgullo.

Ao longo do camino os congregados foron marcando algún dos puntos nos que instalaranse os 14 aeroxeneradores proxectados, dunha altura de 145 metros cada un. O seu impacto sería visible dende as Rías de Pontevedra e Vigo, as serras de O Barbanza e O Salnés, e o Parque das Illas Atlánticas.

 

También te puede interesar