Galicia

Feijóo anuncia que 43.000 familias galegas con pensións non contributivas percibirán un suplemento de 200 € en xaneiro

O presidente do Goberno galego avanzou este domingo que as 43.000 familias galegas con pensións non contributivas percibirán, en xaneiro, un suplemento de 200 €. “A pesares da crise, a pesares de que o suplemento das pensións non contributivas non existe en 12 comunidades e de que nas catro onde se paga é a metade do que se paga en Galicia; nós imos priorizar ese investimento e esperamos que nos 10 primeiros días do mes de xaneiro, 43.000 familias galegas podan volver a percibir o suplemento”, afirmou o Núñez Feijóo.

Nunha entrevista concedida a  Radio Nacional de España (RNE), Feijóo reiterou, “ o compromiso do Goberno galego cos máis débiles”, logo de precisar que a Xunta fará un esforzo na RISGA (Renda de Integración Social de Galicia). Imos incrementar as partidas para os máis desfavorecidos, para os que non teñen prestacións, para os que acabaron o subsidio e imos facer un enorme esforzo na RISGA e nas axudas de urxencia e de emerxencia”.

O presidente salientou que “a pesares da crise, imos incrementar eses presupostos. No ano 2012 incrementamos a RISGA nun 13% e as partidas aos comedores sociais en máis dun 25% e ese esforzo imos continualo durante o 2013”, avanzou.

 

También te puede interesar