Galicia

Coa morte de Ceferino Díaz remata o galeguismo no Partido dos Socialistas de Galicia

Ceferino Díaz histórico dirixente do Partido dos Socialistas de Galicia e representante do sector galeguista do partido, morreu este domingo aos 65 anos de idade. Díaz foi deputado no Parlamento de Galicia, no Congreso e secretario xeral sos socialistas composteláns.

Licenciado e graduado en Ciencias Económicas pola  USC, Ceferino Díaz foi profesor de Economía Aplicada e autor de la obra ‘A esforzada conquista da autonomía 1979-1981. Unha ollada desde o socialismo galego’.

En 1972 afíliase ao PSG, donde chega a reesponsable de xuventude; en 1977 forma parte da candidatura ao Congreso por Lugo, nas primeiras eleccións da democracia. En 1978 deixa o PSG para ingresar no PSdG-PSOE e, un ano máis tarde, é nomeado secretario de Relacións Políticas, chegando a vicesecretario xeral, cargo que detenta entre 1980 e 1982, participando activamente nas negociacións e na elaboración do Estatuto de Autonomía de Galicia.

En 1981 encabeza a lista socialista ao Parlamento de Galicia por Lugo, convértense en voceiro parlamentario e, finalmente, no período 1985-89 é elixido presidente da Comisión de Economía do Parlamento. Nas seguintes dúas lexislaturas (1989-97) Ceferino Díaz é elixido  parlamentario pola Coruña e, máis tarde deputado pola mesma provincia no Congreso

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.