RGPD - Cookies
Comarcas

Un cento de afectados polas Preferentes ocupa o Concello de Gondomar

Ao redor de un cento de afectados pola compra de Participacións Preferentes, ocuparon, pasado o mediodía, o Concello de Gondomar e pediron entrevistarse co alcalde ao que queren explicar pola situación que están a pasar. Entre eles estaban as 14 personas que ate hoxe mesmo , e durante tres semanas, estiveron ‘vivindo’ no caixeiro de Novagalicia Banco, a apenas 50 metros do edificio do concello.

De xeito pacífico, cantando ou coreando consignas como “uns a traballar e outros a roubar”, os afectados entraron nas dependencias da alcaldía e, logo de comunicar que quedarían nas dependencias municipais, preguntaron á secretaria de Fernando Guitián se podía anuncialos. A secretaria indicoulles que o alcalde “está nunha reunión na Deputación” e que non volvería antes da 1 e media, ao cal a delegación dos afectados respondeulle que esperarían e que non sairían  ate verse co rexidor. Á hora de escribir esta información, @s [email protected] continúan ante a entrada á oficina da Alcaldía, sentados nas escaleiras do Concello e nas salas de espera.

Hai que lembrar que en Galicia hai máis de 43.000 afectados pola compra de preferentes e débeda subordinada, nun montante que supera os 1.000 millóns de euros, dos cales máis de 30.000 non recuperaron aínda os seus cartos. Os 13.000 restantes foron os que viron atendidas as súas solicitudes de arbitraxe.

También te puede interesar