Galicia

Os funcionarios da Xunta cobrarán un 4% menos en 2013

O ano que ven, os funcionarios da Xunta verán reducida a súa nómina nunha media dun 4% , unha medida coa que o goberno galego agarda aforrar uns 125 millóns, segundo indicou este venres a concelleira de Facenda. Logo de reunirse co presidente da patonal e cos sindicatos UGT, CC.OO e CIG , Elena Muñoz declarou que en 2013 recortaranse un 40% as dúas pagas extras dos empregados públicos, de xeito que, indicou a conselleira, non perderán unha paga extra completa, como este ano, senon que ingresarán un 60% de cada unha delas, “o que suporá recuperar un 3% de poder adquisitivo con respecto a 2012”.

A responsable de Facenda salientou que recuperarán máis porcentaxe do seu salario os que menos ingresan, un 5% fronte ás nóminas máis altas, Dende a perspectiva dos sindicatos, esto supón que os funcionarios con menor sueldo perderán un 2% respecto ao que debería cobrar se si lles ingresasen as dúas pagas extras completas, e os qjue gañan máis, deixarán de cobrar ate un 6%”.

Mentras se celebraba a xuntanza, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), a Policía Autonómica impediu a entrada dos ao redor de 300 representantes sindicais que se concentraron ante o edificio e que tentaron entrar cando coñeceron o recorte dun 4% nos seus ingresos.

 

Te podría interesar