Cultura

Concerto de música clásica organizado pola Asociación Cultural ‘ O Coto’

Un ano máis, a Asociación Cultural ‘O Coto’ organiza o xa tradicional Concerto de Música Clásica, o vindeiro sábado, día 22 (8 da tarde) na Igrexa Parroquial de Santa Mariña de Cabral.

Nesta ocasión o mesmo correrá a cargo do dúo de música barroca Saltaren, formado por Carla Lorenzo (Cabral-Vigo) e Rui Grenha (Leiria-Portugal), dous músicos diferentes pero con grandes afinidades artísticas. Ambos son alumnos do Conservatorio Superior de Música de Vigo, ela de piano i el de guitarra clásica.

O repertorio que interpretan abarca o periodo ente os séculos XVI e XVII en España, pero tamén en Francia e Italia e recuperan algunhas das reliquias deixadas escritas polos mestres de antaño.

Os asistentes terán a oportunidade de disfrutar dunha música chea de xestos e movementos, de contrastes e ostinatos, interpretada con rigor histórico e intentando reconstruir as prácticas musicais  de outros tempos que tanto lle fascinan e que levan asi a cabo un traballo a favor da arte e da recuperación do patrimonio histórico musical.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.