Comarcas

O BNG pregunta pola gardería de 0 a 3 anos de Salvaterra

Foto de archivo de una guardería

«Cóllese antes a un mentireiro ca un coxo», é como pode resumirse a nota de prensa enviada este xoves dende o grupo municipal do BNG no Concello de Salvaterra en relación a responsabilidade do rexidor do PP, Arturo Grandal, e na que pídenlle explicacións sobre a gardería de 0 a 3 anos prometida.

Os nacionalistas lembran que foi en novembro do 2006 cando gobernaba na Xunta o bipartito do PSdeG-BNG e a formación estaba a cargo da Consellería de Benestar. Nese momento,  o BNG de Salvaterra instou a Grandal a que se adherira  ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para poder mellorar os Servizos  Sociais, incluído o poder optar a unha gardería, o que supuña, que o concello só tiña que cubrir o 30% do custo da Galescola.

Segundo o BNG, o alcalde popular non deixou nen que chegara a pleno a proposta dos nacionalistas e que «as actas están aí para velas».

Ase mesmo, o ano seguinte, en pleno de data 31 de xaneiro 2007 os nacionalistas insistiron levando de novo a proposta, e esta vez sí chegou a pleno sendo aprobada por unanimidade, «pero Grandal seguiu sen xestionar nada», afirma el portavoz do BNG, Gabriel Martínez, quen lembra tamén que en 2009, de novo o PP chegou a Xunta cambiando o nome de Galescola por Galiña Azul.

«Esiximos que Arturo Grandal dea  a cara ante os veciñ@s e explique por qué dende 2006 non temos unha nova gardería en Salvaterra, estamos falando de máis de 6 anos», denuncian os nacionalistas.

Tamén se refire o BNG que en  febreiro de 2011 -a un mes das eleccións-Grandal anunciaba na prensa  e incluso na páxina do Concello, a reunión mantida con a conselleira de Traballo e Benestar, Ana Mato, afirmando que a finais de 2012 entraría en funcionamento a gardaría, estamos en decembro e non hai gardería.

O BNG lamenta que «A pesares de que Grandal leve governando máis de 30 anos o noso Concello, os nenos e nenas non teñen unha gardería que cubra as necesidades básicas que demandan os pais e nais de Salvaterra».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.