Galicia

Xuices, fiscales e avogados galegos secundan masivamente a protesta contra a suba das taxas xudiciais

Xuíces, fiscais e avogados, ademais doutros funcionarios da Admnistración de Xustiza, concentráronse este mércores nas sete cidades cidades galegas para esixir ao Goberno que non aplique o incremento de taxas. A xudicatura galega secundou o paro, convocado en todo o ámbito estatal entre as 12.00 e as 13.00 horas para visualizar a súa oposición a este incremento ademáis de criticar a reforma que pretende aprobar o Minsiterio de Xustiza.

Entre outros asistentes ás concentracións estiveron estiveron o fiscal superior do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Carlos Varela e o xuíz José Antonio Vázquez Taín.

En todos os casos, os concentrados esixiron ao Executivo que paralice a devandita reforma e amose “unha altura de miras semellante á dos que, dende distintas sensibilidades, nos marcamos como obxectivo común a defensa da Administración de Xustiza, para que poida cumprir as elevadas funcións que lle asigna a nosa Constitución».

Os distintos colectivos calificaron a lei de taxas impulsada por Ruíz Gallardón, coma “rancia”, salientaron que “vulnera ao dereito á tutela xudicial efectiva” e “fai da Xustiza so un recurso dos acomodados”. Os colexios de abogados de toda Galicia amosáronse dispostos a secundar a folga dos xuices e fiscales, se ista se convoca e criticaron a postura do ministro de Xustiza quen, na na opinión de varios profesionais, “ademáis de ser especialmente agresivo cos xuices, fiscales e abogados, amosa unha falta de receptividade que evidencia uns plantexamentos ideolóxicos que tocan cos da extrema dereita que está a xurdir en países coma Bélxica ou Grecia”, posto que pretende facer da Xustiza “o coto duns poucos, os que teñen cartos para pleitear”.

Pola súa banda, o xuíz decano de Ferrol, Alejandro Morán Llordén, en resposta ás preguntas dos medios de comunicación, desmentiu as afirmacións do ministro Gallardón de que a Asociación Profesional da Maxistratura pedira o establecemento destas taxas, “o ministro non está a contar a verdade», indicou, ao tempo que negou que houbese reivindicacións económicas por parte dos profesionalis da Xustiza, e reiterou que «o ministro de Xustiza está a faltar á verdade nos seus argumentos».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.