Os mariñeiros de Mauritania que levan pechados no Concello de Marín dende o luns, decidiron prolongar un día máis o seu peche e pasarán unha nova noite no salón de plenos do edificio municipal. Estes homes e mulleres esixen aos responsábeis políticos que cumpran os acordos pactados, e que os afectados polo peche deste caladeiro reciban as axudas comprometidas, ao tempo que piden unha nova negociación para que os barcos poidan volver a unhas augas nas que levaban pescando décadas.
“Para que os cidadáns poidan apoiar as nosas reivindicacións”, teñen convocada unha manifestación que percorrerá as rúas de Marín este venres, día 14 a a partir das 8 e media da tarde.