RGPD - Cookies
Cultura Vigo al día

Luis Tosar, «a historia de ‘Operación E’, a historia de Crisanto, é a de millóns de desprazados»

N. FERNÁNDEZ /A. ALBALADEJO/ FOTOS: Pily Reñones / Crisanto Tovar estivo catro anos na cadea por un delito que non cometera. Sí é culpable de ser pobre, e de estar no peor lugar no peor momento. O peor lugar foi a selva colombiana, controlada polas Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia,as FARC, e o momento é aquel no que un comandante de as mesmas entrégalle un cativo para que coide del e responda coa súa vida do que lle poida pasar. Esta é a vida de Crisanto, e esta é a historia que conta ‘Operación e’, tal e como resume, en poucas, moi poucas palabras, Luis Tosar (Lugo,1971).

Vigo al Minuto.- Cómo foi interpretar a unha persona real que, ademáis, segue viva?

Luis Tosar.Está a responsabilidade de que vai a ver a película…e que, ademáis estaba nunha situación bastante difícil…cando fumos a rodar, Crisanto ainda estaba na cadea…saira  o xuizo, pero non a sentenza… e non sbiamos moi ben qué ia a pasar…agora xa saiu do cárcere, exonerado de todos os cargos pero que, ademáis, naquel momento era a representación dos máis de catro millóns de desprazados que hai en Colombia… que poderían ser os desprazados de calquera conflicto armado.

VAM.- …non tiveches ningún contacto con Crisanto para preparar o papel?

LT.- …non, non tiven acceso a él..todo foi por cenza infusa, básicamente…sí tiña material audiovisual, entrevistas que concedeu cando presentou o libro…que escribiu un libro sobre estos acontecementos..e iso sí foi algo de inspiración…pero o único que puido entrevistarse con él foi o noso productor colombiano…tivo unha entrevista con él na cadea…baixo corda, non estrictamente oficial…realmente en Colombia nada é estrictamente oficial, e grabouna…a entrevista foi máis que nada para que soubese que queríamos facer a película e ter o seu beneplácito, a súa autorización…aínda que non fose necesaria porque a mesma baséase, prácticamente, en material que afora publicado, pero era unha cuestión ética…

VAM.- …Crisanto xa viu a película?…

LT.- ..si,si, craro..

VAM.-…e qué dixo?..

LT.- …estaba moi ilusionado…estivemos xuntos na presentación…estaba ¡uff!…no sei, supoño que ver a túa historia encarnada ahí ten que ser bastante potente…craro hai que ter en conta que o que nos contamos na película, para él foron dous anos e medio, e logo os catro de cadea…

VAM.- …coñecendo a historia, se non houbese esa ameaza por parte das FARC, Crisanto teríase feito cargo do coidado do rapaz, tería feito todo o posible porque seguise vivo?…

LT.- …si, si, eu creo que si…foi un acto humanitario…eu creo que todos fariamos algo así…é a vida dun bebé e cando o tes nas túas mans fas todo o necesario para que saia adiante…convírtese nun imperativo total…

VAM.- ….qué foi o máis complicado de rodar esta película?…

LT.- …básicamente interpretalo…cambiar o acento, realizar unha inmersión lingüística nunha variante dialectal bastante alonxada das nosas…rodar nun lugar completamente diferente…pero logo foi unha ventaxe…todo elo íbate levando por outros camiños, a outras expresión a outra xestualidade…territorios todos moi interesantes, que foron aparecendo a medida que fumos avanzando e fun investigando e que, si cadra, se fose doutra maneira non  me levarían a elo.

VAM.- Por qué Vigo para a presentación da película, casi inmediatamente despois que Madrid?

LT.- Porque facilitounos moito o facelo a propitaria dos cines, porque Vigo é a cidade máis populosa de Galicia e, de facer unha presentación en Galicia, qué mellor sitio que Vigo?…e porque para algo son embaixador do Casco Vello, non?…

VAM.-…cando vas rodar unha película íntegramente galega e en galego?…

LT.-…¡uuuf!…nos tentamos facela, pero so non saen a cachos…acabamos de rodar ‘Los Fenómenos’ cunha boa presencia…bueno, moi importante…un 90, un 95 por cento de actores galegos…agora íntegramente en galego sigue sendo moi complicado para o mercado español, para conseguir armar unha financiación…ainda coa axuda das administración…o mercado español cústalle admitir unha película íntegramente en galego…ten que ter detrás un lobby cultural moi potente…como funciona en Cataluña, hai ben pouco…nos aquí somos casi o contrario…

 

VAM.- …pensaches en dirixir?..

LT.- (sonrisa)…moitísimas veces… casi en cada película que fago…o pensas cando traballas…”este director non ten nin puta idea do que fai”…(risas)…os actores temos a paranoia de que sabemos dirixir mellor que o director…e logo te decatas que un traballo moi difícil, ímprobo e moi complicado…

VAM.-…tantos papeis distintos, tantos personaxes diferentes…qué te gustaría facer que xa o fixera outro, porque lle deran a él o papel…ou que aínda non fixeras…

LT.- (silencio)…non sei…gústanme moito as películas de aventuras…pirata ou algo asi..

VAM.- …tipo Indiana Jones…

LT.-…esa sería perfecta…pero xa se adiantaron…non, unha de pitaras estaría ben…

Na entrevista con Tosar non falamos do argumento da película. Non quixemos. Estabamos invitados á estrea. Para quenes ainda non a vises a mesma baséase na historia de Crisanto Tovar, un campesiño con cinco fillos, que vive no medio da selva colombiana ao que os ‘guerrillos’ entréganlle o fillo que acaba de alumear unha muller secuestrada pola FARC. Crisanto debe facerse cargo do pícaro, gravemente enfermo, baixo ameaza de morte, por iso a familia adícase a que o neno sobreviva…porque a vida do neno está vencellada á súa. Nesta laboura ten que sortear todas as situacións absurdas e extremas que conleva unha guerra, empezando pola fame e o perigo que representan tanto as FARC, coma o goberno de Colombia.

Pero, á marxe do argumento, e do escenario que envolve a acción, con moito o que máis abraia é a interpretación de Tosarcando a vexades non vos decataredes da diferencia que hai entre un tipo de Lugo, solteiro, de pouco máis de 40 anos e un  campesiño colombiano, guindado no medio dunha selva, coa muller, cinco fillos e un sogro curandeiro.

 

También te puede interesar