Galicia

A Xunta convoca o cuarto curso superior de formación de Técnico de Administración Local

A Xunta ven de convocar no Diario Oficial de Galicia a cuarta edición do Curso superior de formación de técnico de Administración Local dirixido a profesionais das entidades locais.

Así, a Escola Galega de Administración Pública, a dirección xeral de Administración Local, a Federación Galega de Municipios e Provincias e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia organizan conxuntamente este novo curso co obxectivo de favorecer a formación especifica dos técnicos da Administración Local nas materias propias deste ámbito de traballo.

O contido do mesmo consiste na estrutura organizativa do Estado e o papel das entidades locais; as competencias e obrigas das entidades locais; as competencias, funcións e responsabilidades do técnico de obras municipios; os contratos do sector públicos; as responsabilidades patrimoniais das administracións públicas; lexislación sobre riscos laborais; administración electrónica; xestión urbanística;  licenzas; avaliación ambiental e xestión dos servizos municipais, entre outros.

Haberá 50 prazas destinadas aos empregados públicos con habilitación de carácter nacional, empregados públicos das administración galegas, tanto autonómicas como locais, e das universidades galegas, e enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos tanto en activo coma desempregados.

O prazo de inscrición remata o vindeiro 29 de decembro, e os interesados poderán inscribirse na paxina web http://egap.xunta.es/cursoTecnicoLocal, acreditando a documentación requirida. O curso desenvolverase dende xaneiro ata maio no Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia e terá unha duración total de 120 horas.

 

También te puede interesar