Galicia

PP e PSOE deixan a Alternativa Galega de Esquerda sen sitio na Mesa do Parlamento

Tal e como anunciara hai uns días na súa conta de Facebook o coordenador de EU en Vigo, Rubén Pérez, o Partido dos Socialistas de Galicia negouse a ceder un dos seus asentos na Mesa do Parlamento de Galicia á terceira forza política do mesmo, Alternativa Galega de Esquerda (AGE), liderada por Xosé Manuel Beiras, e que terá 9 deputados na Cámara, que se constitúe este venres.

Os dous postos dos socialistas na mesma serán ocupados por Marisol Soneira , coma vicepresidenta segunda, e Concepción Burgo como secretaria, co cal AGE non estará presente no órgano de goberno do Parlamento o que, segundo un voceiro da coalición, “limitará a súa laboura de oposición que, temémonos, que é o que pretendía, ademáis do PP, o PSOE”.

O secretario de Organización dos socialistas, Pablo García, sinalou ao PP como responsable deste feito por negarse a renunciar a un dos seus postos na Mesa e sinalou que o PSdeG está conforme coa proposta de Alternativa Galega de Esquerda de ampliar, sen aumentar un euro os gastos do Parlamento, de cinco a sete os postos na Mesa do mesmo, para o cal habería que reformar o regulamento do funcionamento da Cámara.

 

 

También te puede interesar