RGPD - Cookies
Galicia

Galicia, sen accidentes mortais nesta ponte

Eso sí, Urxencias Sanitarias de Galicia asistiu a un total de 171 persoas debido a 122 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do mércores, día 31, e as 12 menos un minuto de onte, 4 de novembro. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o venres con 29 accidentes.

O 061 recibiu nestes días 143 chamadas en relación cos accidentes de tráfico, a proporción de homes e mulleres atendidos foi do 57 e 43%, mentras que nas idades dos feridos obsérvase cun 21% dos atendidos tiña entre os 20 e os 29 anos. Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 54 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 158. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a 12 sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 131 ocasións, as ambulancias convencionais acudiron a oito accidentes, e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete sinistros.

En 143 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, en nove ocasións foron trasladados aos centros de atención primaria e en 19 casos  foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.

 

También te puede interesar