Comarcas

‘Cociña me mercado’ chega ás prazas de abastos de Bueu e O Porriño

A Deputación de Pontevedra celebrará o vindeiro martes, días 6, o concurso de receitas ‘Cociña Me Mercado’ nas prazas de abastos de Bueu e O Porriño. O certame levaranse a cabo ás 10:00 e ás 12:30  horas, respectivamente.

Segundo informou este xoves o organismo provincial, trátase dunha iniciativa enmarcada dentro dun novo grupo de actividades impulsadas para promocionar os mercados como lugares con tradición e de confianza, renovar e dinamizar a súa actividade e oferta comercial, e atraer  novos perfís de consumidores.

A organización do concurso destacou a alta participación no concurso dos vendedores de carne, pescado, marisco, verduras, lácteos, pan, e en xeral de todos os comerciantes de ambos mercados. As receitas seleccionadas serán incluídas e poderán ser consultadas nos Tótems interactivos colocados nos mercados.

Ademais do concurso de receitas, a Deputación organizou tamén  os días 23, 24, e 25 de outubro os Seminarios ‘Ven ó mercado’ dirixidos ós vendedores dos mercados municipais e os responsables con competencia en materia de mercados.

E, finalmente, para o mes de novembro, está prevista a organización dun Showcooking ‘Cociña de Mercado’. Desenvolverase nos mercados de Portonovo, O Grove, Bueu, Porriño, Caldas, Ponteareas, Vilagarcía, e Redondela. Nestes lugares vaise a instalar un stand recreando unha cociña na que cociñeiros do Grupo Nove van a elaborar receitas en directo.

Participarán na cita os seguintes restaurantes Eirado da Leña (Pontevedra); Culler de Pau (O Grove); Casa Solla (Poio); Yayo Daporta (Cambados); Pepe Vieira Camiño da Serpe (Raxó); Silabario (Tui); e Pandemonium.

También te puede interesar