Galicia

Guillerme Vázquez demite coma voceiro nacional do BNG

“Unha nova persoa poñerase ao fronte do novo proxecto nacionalista que acordemos entre [email protected], con esta mensaxe o voceiro nacional do Bloque Nacionalista Galego, anunciou na súa conta de Twitter que renuncia ao seu cargo. Guillerme Vázquez é a primeira persona do BNG que asume os pésimos resultados nas Eleccións ao Parlamento de Galicia do pasado domingo, nas que o Bloque perdeu a metade do seu electorado e 5 escanos nos Pazo do Hórreo.

Mentras Vázquez fai efectiva a súa renuncia, o candidato do BNG á Presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, non ararou cal será a súa decisión logo de a formación nacionalista pasase a ser o cuarto partido de Galicia en número de votos e que, en algún lugares, coma en Vigo, obtivese a metade de sufraxios que a candidatura encabezada por Xoseá Manuel Beiras, Alternativa Galega de Esquerdas (AGE).

Guillerme Vázquez foi o único voceiro do Bloque que deu a cara a noite mesma das Eleccións, recoñecendo o que outros tardarían horas en admitir: que os resultados foran malísimos. “Pedimos disculpas, tivemos que facer mal as cousas para esta perda de confianza”, dixo naquela ocasión o doctor Vázquez, no medio do silencio e, seica o rídículo dalgúns dos seus compañeriros que ate chegaron a afirmar que os 200.000 votos que obtivo AGE eran, realmente do BNG.

 

También te puede interesar