O Partido Popular obtivo a maioría absoluta no 75% dos 315 concellos galegos

Exactamente en 202. Pola súa banda, a formación liderada por Xosé Manuel Beiras, Alternativa Galega de Esquerdas (AGE), terceira forza política de Galicia, é  a segunda forza política en 21 concellos, mentras que o PSdG-PSOE é o partido máis votado en 12 e o BNG en 1, Allariz. O Bloque foi desplazado ao cuarto lugar en 149 municipios e só manténse como terceira forza política en Lugo.

Por provincias

En A Coruña, o PP perde 44.000 o cal non lle impide facerse cun escano máis dos que tiña en 2009; o PSdG-PSOE, quédase en o apoio de 100.000 electores, o 48,3%, e pasa de 8 a 5 escanos, mentras que o BNG pasa de 105.000 a 55.000 papeletas, o que supón a perda do 52% de todo o seu electorado. Alternativa Galega de Esquerda (AGE), faise con 96.000 votos e acada 4 escanos na Cámara galega.

En 55 dos 94 concellos coruñeses a maioría absoluta foi para o PP, en otros 10 sumou máis votos que todas as outras forzas xuntas e so en dous,  A Capela e Dumbría, non foi o partido máis votado

En canto a Lugo, os populares perden 12.000 electores, ainda que gañan un escano no Hórreo; o PSdG-PSOE quédase sen preto de 36.000 electores, o peor dato na súa historia, e teñe un escano menos, o mesmo que o BNG que perde o 51% do seu apoio electoral de 2009, e quédase con 16.500 votos. Pola súa banda, AGE ontén 1 escano en 19.500 papeletas.

Por concellos, o PP obtén a maioría absoluta en 49 dos 67 da provincia e en catro deles suma máis votos que os demais partidos xuntos. Os socialistas son os máis votados en Pedrafita e Muñiz.

En Ourense o Partido Popular perde 20.000 electores, e aínda asi sube un escano; 10.000 votos máis perden os socialistas e, con eles, un deputado, o mesmo que o Bloque que pasa de 36.100 a 15.300 sufraxios, preto dun 58% menos. Alternativa Galega de Esquerda suma 14.100 votos e un parlamentario.

O Partido Popular acada a maioría absoluta en 66 dos 92 concellos ourensáns, en 8 deles con máis votos que PSdG, BNG e AGE xuntos, pese ao cal os socialistas son a forza política máis votada en 6 deles e o BNG en 1, Allariz.

En Pontevedra, provincia pola que se presentaba coma número 1 o presidente en función da Xunta, o Partido Popular perde 60.000 votos, pero mantén o mesmo número de escaños; o PSdG-PSOE ve coma deixan de confiar nel 72.000 personas, o cal tradúcese na perda de 2 deputados, mentras que o BNG ve baixar o seu corpo electoral en 38.000. Pola súa banda, AGE faise con 70.000 votantes e tres asentos no Parlamento.

O PP fíxose coa maioría absoluta en 32 dos 62 concellos e en 11 ten máis votos que BNG, PSOE e AGE xuntos.

 

También te puede interesar