RGPD - Cookies
Eleccións

Feijóo pon rumbo a 2016

«É a segunda vez que me presento á Presidencia da Xunta e esta é a segunda victoria, non o esquecerei”. Así o indicou un emocionado Alberto Núñez Feijóo quen, esta noite, non so levou ao Partido Popular á unha nova maioría absoluta, senon que veu incrementada a mesma en 3 escanos, de 38 a 41, con respecto a 1 de marzo de 2009.

“Non é frecuente que nunha crise coma esta un gobernó reciba tanto respaldo”, indicou o xa presidente en funcións. “Os galegos acaban de decidir que o Partido Popular  gane clara e limpamente estás eleccións”, indicou Feijóo na súa comparecencia na sede do PP en Compostela, nun discurso no que non esquenceu citar ao presidente do Goberno, “sen Mariano Rajoy esta victoria non sería posible, está gobernando con responsabilidade, a pesar das dificultades”.

Con estas palabras, o líder dos populares galegos, quen nalgún mometo do reconto chegou a ter 49 escanos, deu por feita a continuación das políticas de “austeridade”, como repetiu durante toda a campaña, que él mismo iniciou en Galicia e que o Goberno do Estado seguiu dende a chegada de Rajoy á Presidencia do Goberno.

O presidente, acompañado polo home que conqueriu estas dúas maiorías comoa responsable das campañas de 2009 e de este 2012, Alfonso Rueda, e do voceiro popular no Parlamento, Pedro Puy, agradeceu o traballo dos seus rivais, o secretario xeral do PSdG, Pachi Vázquez, e o líder do BNG, Francisco Jorquera, que o chamaron para felicitarlo, ademáis de lembrar aos seus predecesores no Pazo de Raxoi, Gerardo Fernández Albor e Manuel Fraga.

 

También te puede interesar