Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

175 expertos analizan en Vigo novas fórmulas de eficiencia enerxética para o alumeado público

Organizado polo Concello , o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia e FAIMEVI, as Xornadas Técnicas Galegas de Iluminación terán lugar os próximos 24 e 25 de outubro. Tal e como explicou o alcalde durante a súa presentación, trátase de contrastar coñecemento técnico co obxectivo de que Vigo sexa a ser unha cidade «intelixentemente eficiente».

O Auditorio Municipal de Vigo acollerá a 175 preofesionais e expertos que se reunirán para por en común e difundir os coñecementos máis innovadores sobre a eficiencia e aforro no alumeado que permitan ás administracións un uso enerxético máis eficiente.

Tal e como indicou Abel Caballero en rolda de prensa, “Vigo ten que continuar a ser un exemplo de modernidade «. O alcalde insistiu na «necesidade de escoitar á profesión para ver como se pode facer iluminación máis eficiente».

Pola súa banda, o concelleiro de Fomento, David Regades, resaltou que a cidade é referente de eficiencia enerxética en Galicia e en España pola posta en marcha de medidas que teñen permitido diminuir o 10% o gasto en iluminación en so un ano. Referiuse á elaboración do mapa lumínico, que facilita unha radiografía exacta de todos os puntos de luz da cidade; á unha nova ordenanza sobre instalacións de alumeado público ou á posta en marcha de enerxías alternativas, como 4 aeroxeradores. Na súa opinión, estas iniciativas determinan o compromiso do Concello co aforro enerxético.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.