RGPD - Cookies
Galicia

Beiras ratifícase en que os recortes de Feijóo en Sanidade matan xente e fala de ‘xenocidio’, citando a o Nobel Pérez Esquivel

Antonte, nun mitin en Lugo, o candidato á Presidencia da Xunta por Alternativa Galega de Esquerda (AGE) dixo que “Feijóo está a matar máis xente que ningún grupo terrorista español” e onte  reiterou esta afirmación.

Xosé Manuel Beiras indicou, “non teño dúbida de que os recortes en Sanidade están matando xente”. “Cando unha muller con cancro de mama ten que agardar un ano na lista de espera polo tratamento, eso qué é?, cando un inmigrante sen traballo non pode ter asistencia médica pública, qué ten que facer, ir á privada sen cartos?; ou cando a crise está levando á miseria a moitas familias, incrementa as depresións e a tasa de suicidios, quén é o responsable?”, preguntouse Beiras.

Ademáis, continuou o cabeza de lista de AGE, “esto non é algo que diga só Beiras, senon que o Premio Nobel Pérez Esquivel, nada menos cun Premio Nobel afirma que a débeda e as políticas do Fondo Monetario son un auténtico xenocidio nos países nos que se aplican”, subliñou o candidato á Presidencia da Xunta.

 

También te puede interesar