Vigo al día

Manifestación, este luns en Vigo, en Defensa dos Servizos Públicos

A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, integrada pola Confederación Intersindical Galega (CIG), Comisión Obreiras (CCOO), Unión General de Trabajadores (UGT), la Central Sindical Independiente e de funcionarios (CSI – F) e outras 17 organizacións sindicais, convocan aos cidadáns a acudir este luns, día 15, ás 8 da tarde á manifestación en Defensa dos Servizos Públicos que sairá do cruce de Urzaíz con Vía Norte.

Segundo os organizadores da protestas, a mesma servirá para denunciar a intención da Xunta e do Goberno do Estado de “privatizar o público, eliminando as prestacións básicas, ensino, saúde e protección á dependencia, os criterios de equidade e universalidade, e entregando como negocio ao sector privado a súa prestación”.

Ademáis, as centrais sinalan o  permanente descrédito aos que se somete aos empregados públicos, non so procura argumentar no sentido anterior”, senón que serve de referencia para traballadores e traballadoras doutros sectores laborais, “para diminuír máis se cabe os seus dereitos laborais e procurar argumentacións de desregulamentos laboráis”.

 

También te puede interesar