Vigo al minuto

NGB desminte que esté en risco de ‘liquidación ordenada’

NCG Banco asegurou este mércores mediante un comunicado, enviado á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), que ás dúbidas formuladas pola axencia de cualificación Fitch sobre as posibilidades de obtención de apoio público por parte da entidade non son fundadas.

Fitch  advertiu este mércores sobre o “risco agudizado” de que Novagalicia Banco teña que “iniciar un proceso de resolución ordenada” ante as elevadas necesidades de capital destapadas pola consultora independente Oliver Wyman, que son de 7.176 millóns de euros “nun escenario adverso”.

Os directivos de NGB aseguran que traballan dende o pasado mes de xullo co FROB e a Comisión Europea na elaboración do seu plan de recapitalización, que “se acha en fase moi avanzada” e que será presentado “nos prazos fixados polas autoridades“. Segundo subliñan, “dito plan non establece ningunha dúbida en canto ao futuro de NCG Banco, prevendo primeiro a súa recapitalización, este mesmo ano para unha posterior reprivatización nun prazo máximo de cinco anos”.

Na nota, o banco que preside José María Castellano apunta que Fitch Ratings mantén a cualificación en BB+, en perspectiva negativa, atendendo ás súas posibilidades de recapitalización a través do FROB. Ademais, indica que sitúa a cualificación da débeda subordinada en C (dende CC).

Por último, a entidade galega agrega que a axencia de cualificación de riscos sinala na súa análise queexiste unha probabilidade moderada de que NCG Banco continuará mantendo o apoio do FROB coa finalidade última de restaurar a viabilidade do banco, despois de someterse a un plan de reestruturación e de transferir a súa exposición inmobiliaria á Sociedade de Xestión de Activos (SGA)”.

 

También te puede interesar