RGPD - Cookies
Galicia

Os EREs incrementáronse en Galicia un 43,2% ate o mes de xullo

O número de traballadores afectados por algún topo de expedientes de regulación de emprego (ERE) aumentaron un 43,2% até xullo en Galicia chegando ate os 16.428, fronte aos 11.472 rexistrados entre xaneiro e xullo do ano pasado, de acordo cos datos difundidos polo Ministerio de Emprego

No caso de Galicia, o número de ERE autorizados ou comunicados ascendeu a 1.488, o que supón un aumento do 85,3% en relación ao sete primeiros meses do ano pasado. Do total de traballadores afectados, 1.928 víronse incluídos nun ERE de extinción, o que supón un descenso do 9,23% en relación ao mesmo período de 2011.

Ademais, outros 10.667 traballadores estiveron inmersos  nun ERE de suspensión, o que representa un aumento do 36,67%, mentres que sobre 3.833 aplicouse un ERE de redución de xornada, o que supón máis do dobre que en 2011.

Os datos do Goberno sinalan que o 64,93% dos [email protected] [email protected] [email protected] por un ERE entre xaneiro e xullo estaban dentro dun expediente de suspensión, fronte ao 11,74% ao que se lle aplicou un de extinción e ao 23,33% ao que viron reducida a súa  xornada laboral…e a nómina, por suposto.

 

También te puede interesar