Galicia

Galicia aforrou máis de 34 millóns en gasto farmacéutico ate o mes de agosto

Galicia aforrou 34,3 millóns de euros no período comprendido entre os meses de xaneiro e agosto de 2012 respecto ao mesmo período do ano 2011, cunha porcentaxe de diminución do gasto do 6,15%.

Según datos difundidos este domingo pola a Consellería de Sanidade , o gasto medio por receita en agosto de 2012 situouse en 11,15 €, o que supón unha diminución do 10,43% respecto ao valor que tiña no mesmo mes de 2011, cunha diminución neta do valor da receita de 1,29 €.

No mes de xullo de 2012, a entrada en vigor das “medidas sobre prestación farmacéutica para garantir a sostenibilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións, supuxo unha rebaixa moi notable da factura farmacéutica en todo o territorio nacional, o que na nosa comunidade se traduciu nun aforro de 11 millóns de euros mensuais”.

O Sergas subliña que “Galicia foi a única comunidade na que se habilitou un sistema para que ningún usuario tivera que adiantar polos medicamentos máis do que lle corresponde”.

 

También te puede interesar