Eleccións

Pachi Vázquez, comprométese a manter a Sanidade e a Educación e por en marcha un plan de emprego xuvenil

O candidato socialista á presidencia da Xunta presentou este sábado aos 95 candidatos e candidatas do PSdeG-PSOE co obxectivo de “presidir un goberno de progreso, un goberno forte, cunha maioría clara para a saída xusta da crise preservando a educación, a sanidade e os dereitos de todos e todas”.

Así o dixo Pachi Vázquez no acto cos candidatos socialistas que se celebrou no parque de San Domingos de Bonaval, en Compostela, no que presentou “un goberno de progreso cunha clara maioría para facer realidade os soños dos galegos e galegas”

O lema da precampaña dos socialistas, “Galicia quere, Galicia pode” é, indicou o candidatopara ofreceu aos galegos e galegas crecemento económico” e salvaguardando os dereitos de todos. Vázquez presentouse disposto a encabezar o equipo do socialismo galego para que Galicia cambie a un goberno progresista, de esquerda e galeguista” grazas aos 49 homes e 46 mulleres que concorrerán as eleccións autonómicas. Dixo que o equipo socialista preséntase “con humildade, franqueza, seguridade e confianza para ofrecer un proxecto e ideas para sacar adiante este país”.

Polo que atingue ao seu programa, o candidato do PSdG anunciou que “non fará un só despido en sanidade ou no persoal docente” para manter a calidade dos servizos públicos, aprobará un plan de emprego xuvenil para garantir a contratación de 25.000 mozos e mozas, xa que, salientou, “un país cun 50% de paro xuvenil escribe a súa sentenza de morte”, ao tempo que comprometeuse a recuperar a gratuidade dos libros de texto.

Vázquez asegurou que defenderá un sistema financiero propio, que garanta o crédito e “devolverlle os cartos aos 43.000 galegos e galegas estafados pola fraude das preferentes e subordinadas” e sinalou que “poñeremos pé en parede para defender o noso autogoberno, o respecto á nosa lingua e a cultura galegas”.

 

También te puede interesar