Vigo al día

O verán segue este domingo

Durante este domingo Galicia continuará baixo a influencia das altas presións, algo máis debilitadas que en días  atrás. Deste xeito, os ceos presentaranse con intervalos de nubes altas, que serán máis frecuentes pola mañá, e con néboas  que irán entrando pola costa a medida que avance o día.

Segundo as previsións de MeteoGalicia, as temperaturas mínimas estarán sen cambios significativos ou en  lixeiro ascenso, mentres que as máximas descenderán lixeira ou moderadamente, agás no extremo norte, onde quedarán sen cambios significativos. Eso quere decir que  en A Coruña Terán entre 16 e 25 graos, en Lugo entre 13 e 30, en Ourense de 14 a 34, entre 15 e 27 en Pontevedra ou  os 17 de mínima e 26 de máxima de Vigo.

Os ventos comezarán soprando de compoñente sur e irán cambiando a compoñente oeste segundo transcorra a xornada.

 

También te puede interesar