Vigo al minuto

A plantilla de Hermanos Rodríguez seguirá coas mobilizacións para evitar o peche da empresa

Os traballadores do Grupo Hermanos Rodríguez, empresa dedicada á maquinaria industrial cun cadro de persoal de 60 persoas e radicada en Vigo dende 1960, manifestáronse este luns, dende o mercado de Teis até a casa do empresario para mostrar a nosa repulsa contra a situación da empresa, “xa que levamos sete meses sen cobrar  e estamos abocados ao peche”.

Segundo os representantes dos traballadores, “o empresario, ademais de non pagarnos os salarios, descapitalizou a empresa, débelle cartos á facenda, á seguridade social, provedores e empresas auxiliares e ademais contratou a un mercenario para despedir a toda a plantilla”.

Segundo anuncian os membros do comité de empresa, a plantilla continuará coas mobilizacións” ate que non nos den unha solución”, ou para refrotar a firma ou para cobrar os meses que se lles deben e as correspondentes indemnizacións.

 

También te puede interesar