Vigo al minuto

Cine galego, de calidade, este venres no café ‘De Catro A Catro’

O vindeiro venres, 17 de agosto, terá lugar no café “De Catro A Catro”, a proxección de 4 curtametraxes realizadas por mocidade de Vigo e comarca. As catro curtas, “Maletas”, que ese mesmo día estrénase na web,  “Cobaias”, “As Sombras do Outeiro” e “Carapuchiña e o pobo feroz” serán as protagonistas dunha tardiña de curtas, cun denominador común: as curtas duran 18 minutos.

A encargada de abrir a gala será “Maletas”, unha curta que recibiu no 2010 unha beca ao Talento Audiovisual, pola AGADIC. Raquel Espada, interpreta a Lucía, unha rapaza cunha imaxinación moi fértil que é capaz de sacar o amor da súa vida do atopado nunha maleta.

Carapuchiña e o pobo feroz” e unha revisión do clásico conto de Carapuchiña, baseada no relato homónimo de Fran Alonso que se atopa no libro “Males de Cabeza”. Carapuchiña non é esa historia infantil que todos nos coñecemos; é a antihistoria. Cun lobo bo e unha carapuchiña de dudosa inocencia.

“Cobaias” conta e repasa os medos internos de Teresa, unha rapaza con dous fillos, que hai 7 anos que non está coa súa irmá. Emprenderá unha viaxe polo recordo e polos seus propios medos, e xunta o valor para recuperar á súa irmá, e convencela para voltar a casa. Este proxecto conta coa colaboración de profesionais do audiovisual galego, como son Isabel Risco, Mariana Carballal ou Marta Rios, actores consagrados no panorama televisivo galego.

Pechando a gala, “As Sombras do Outeiro”. Adaptando o popular relato do coñecido autor galego Agustín Fernández Paz “As Sombras do Faro”, quixemos traer á vida os anos 80, nunha historia onde as pantasmas do pasado son as protagonistas.

 

También te puede interesar