Comarcas

Concentración, este xoves, contra o derribo dunha vivenda en Camos

Numerosas asociacións, organismos e veciños de Nigrán fixeron chamamento á cidadanía para que se opoña ao derribo dunha vivenda en Camos, asistindo a concentración que se vai a celebrar o xoves ás 9 da maña diante da propia casa.

Os colectivos convocantes, aínda que deixan claro a súa oposición a que sexa posible construir sen control, subliñan que a vivenda é un dereito fundamental das persoas, e piden que se trate a toda á cidadanía por igual.

“Tanto en Nigrán como en toda Galicia existen numerosas construcións ilegais, pero da a impresión que so se fai cumprir a legalidade á xente traballadora”, indican. Segundo denuncian, este caso é especialmente escandaloso porque recentemente, e para legalizar unha situación fora de ordenanza e evitar unha orde de derribo dictada en firme en outono de 2008, o Concello de Nigrán modificou as normas subsidiarias. Tamén, lembran que, recentemente opropio concello estivo colaborando nunha obra ilegal.

 

También te puede interesar