Vigo al minuto

Milleiros de personas manifestanse na Praza de España contra os recortes na Sanidade

Maís de 2.000 persoas atenderon o chamamento da Confederación Intersindical Galega (CIG), CCOO, UGT, CSIF, CESM, OMEGA,e o sindicato de enfermería, SATSE, e manifestáronse dende as 10 da noite dende o Hospital Xeral á Praza de España en defensa da sanidade pública.

Os concentrados, que coma pedían os organizadores acudiron á manifestación con velas e vestidos con roupas negras, deron voltas á Praza de España, en procesión de defuntos, polos recortes que, coma denunciaron, están acabando coa sanidade pública, “en favor da de pago, tal e como queren os responsables da Xunta e do Goberno central”.

Con  gritos de “Feijóo demisión”, “Ollo coa carteira que ven a conselleira”, “Rajoy, escoita a Sanidade está en loita”, os participantes na concentración denunciaron  que dende a chegada do Partido Popular, “primeiro ao gobernó de Galicia e logo ao de España, prodúxose un evidente deterioro da sanidade pública, o desvío de fondos a hospitais, clínicas e consultas privadas, e recorte de persoal, de camas e de atención, que repercute, directamente nos doentes”.

En opinión dos sindicatos, a proba deste deterioro son o incremento das listas de espera, tanto para ciruxía coma para os especialistas, o peche de camas, o despido ou non renovación de persoal sanitario, o retraso de probas diagnósticas coma as de prevención do cancro de mama, ou a eliminación de centros de atención primaria.

Na manifestación, que tamén baixou por Gran Vía para subir de novo ao Xeral e voltar á Praza de España, tamén houbo berros contra a reducción das nóminas dos empregados públicos, “que perdemos máis dun 20% de poder adquisitivo nos últimos anos”, e outros pedindo a renuncia do presidente do Goberno que “é o culpable do desmantelamento dos servicios públicos esenciais, coma a atención a dependentes”.

Os representantes sindicais advertiron que esta é “so unha das moitas acción que imos levar a cabo para obrigar aos responsables políticos a cambiar as súas decisións, non imos parar ate que deixen de arruinarnos, ate que deixen de cargar esta crise sobre os máis vulnerables e os máis necesitados”.

 

También te puede interesar