Deportes Vigo al minuto

Nerea Arambarri e Berta Rodríguez do Seis do Nadal, á ‘Operación Talento’

O Club Baloncesto Seis do Nadal estará presente, novamente, nas Seleccións de Formación da Federación Española de Baloncesto, auténticas protagonistas do verán a nivel nacional e internacional.

As xogadoras Nerea Arambarri e Berta Rodríguez, ambas integrantes do equipo Alevín Feminino «A» do club na pasada tempada e adestradas por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, foron seleccionadas polo Gabinete Técnico da Federación Española de Baloncesto para formar parte da Operación Talento FEB U12 Feminina.

A concentración da Operación Talento FEB U12 Feminina na que participarán as dúas xogadoras do clube vigués terá lugar do día 3 ao día 6 de agosto do 2012 en Guadalajara.

Segundo salientan os reponsables do Seis do Nadal-Coia, “esta convocatoria reforza o traballo que estamos a realizar nos equipos de tódalas Escolas Deportivas xa que Nerea Arambarri e Berta Rodríguez, comezaron as súas andainas no deporte da canastra nas Escolas Deportivas impartidas pola nosa entidade”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.