Galicia

A sinistralidade laboral diminuíu en Galicia nun 23,52% nos seis primeiros meses do ano

En total producironse 12.139 accidentes laborais fronte aos 15.873 no mesmo período do ano 2011. Este descenso dos accidentes laborais produciuse en todas as provincias: nunha porcentaxe do  26,17% en Pontevedra, nun 22,64% en Lugo, do 22,30% na Coruña e do 20,51% en Ourense.

Os datos da incidencia tamén reflicten o descenso da sinistralidade, sendo a diminución no total de país do 19,86% e os datos da diminución por provincias os seguintes: 21,81% en Pontevedra, 19,23% en Lugo, 19,10% na Coruña e 17,09% en Ourense.

Descenso no mes de xuño

O total dos accidentes laborais en xornada laboral rexistrados en Galicia en xuño do 2012 descendeu un 29,70%. Neste mes rexistráronse 1.962 accidentes fronte aos 2.791  accidentes rexistrados no mesmo mes do ano anterior. Do total dos accidentes, 1.920 foron accidentes leves, 40 graves e 2 mortais.

Para  ter unha visión precisa da evolución da sinistralidade laboral, utilízase o índice de incidencia, que compara o número de accidentes co número de traballadores coas continxencias profesionais cubertas.

O índice de incidencia do total dos accidentes en xornada laboral en Galicia, descendeu un 26,31% en xuño deste ano respecto ao mesmo mes do ano anterior. Descendeu a incidencia en todos os   sectores: na industria foi do 32,39%, nos servizos foi do 23,21%, na agricultura do 19,28%, na construción do 18,29%  e na pesca do 11,83%.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.