Galicia

O Consello da Xunta recorta o soldo a Feijóo que pasará a cobrar 83.594 € ao ano

O Goberno galego iniciou os trámites para impulsar a modificación da Lei de Presupostos da comunidade co fin de adaptala á decisión do Executivo estatal de suprimir a paga extra de Nadal aos empregados públicos, ao tempo que incluirá a rebaixa “equivalente ao 7,1%” para os salarios que perciben o presidente, os conselleiros e os altos cargos da Xunta e entes autonómicos.

Anunciouno este xoves o conselleiro Rueda quen hoxe exerceu de presidente en funcións na reunión do Consello da Xunta. Rueda explicou que será obxecto de análise na Mesa de Función Pública, que se reúne esta mesma tarde, e que se aprobará, conforme á súa previsión inicial, este mesmo venres nunha reunión extraordinaria do Consello. Estas medidas de recorte para os funcionarios, defendeu “non son doados de tomar pero o déficit oculto herdado e a excepcionalidade da situación obrigan a iso”.

O conselleiro de Presidencia engadiu que o Goberno galego é consciente de que “debe dar exemplopolo que decidiu recortar as retribucións dos seus membros o que, sumado ás anteriores baixadas das súas percepcións,  supón que o presidente acumula un 22% de recorte en relación ao que cobraba o seu antecesor no cargo.

 

También te puede interesar