Vigo al minuto

A Xunta licita a redacción dos proxectos sectoriais da ETEA

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas licitou este domingo, a través do Diario Oficial de Galicia (DOG) a redacción dos proxectos sectoriais correspondente a área de viais, espazos libres e infraestruturas, e a área de usos complementarios, previstos no plan sectorial do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar, nos terreos da ETEA.

Segundo consta na resolución publicada hoxe no DOG, a redacción destes proxectos conta cun orzamento aproximado conxunto de 200.000 €.  Unha vez adxudicada a redacción dos proxectos levarase cabo a licitación das obras de urbanización dos dous ámbitos, estimada en 3,4 millóns de euros para a área de viais e en 1,4 para a área de usos complementarios.

Respecto ao proxecto sectorial da área de viais, espazos libres e infraestruturas, resolverá a urbanización deste ámbito e as conexións exteriores coas redes xerais de infraestruturas definidas no propio plan sectorial. Este ámbito abrangue unha superficie de 20.029 m2 e conta cun orzamento estimado de redacción do proxecto de 130.284 €.

Pola súa banda, o ámbito do proxecto sectorial da área de usos complementarios defínese nos planos de ordenación do plan sectorial de ordenación territorial do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar como PS-6, cunha superficie de 21.199 m2.

O proxecto sectorial licitado ordenará detalladamente o ámbito, para a localización de usos complementarios dos científicos-tecnolóxicos, tales como os socio-asistenciais, socio culturais, residenciais, servizos de xestión e innovación empresarial e terciarios complementarios.

O orzamento estimado de redacción do proxecto sectorial, que inclúe a redacción do proxecto executivo das obras e documento de ordenación, ascende a 71.760 €.

Usos recreativos

As licitacións publicadas no DOG únense á xa levada a cabo polo Goberno Galego para o proxecto de ámbito que abarcará os usos recreativos, cuxas obras serán licitadas en breve. Trátase dunha superficie de 7.625 m² nos que se definirán pistas deportivas, patinaxe e de skate, un parque infantil, así como zonas para paseos, cafetería e vestiarios, ao tempo que se respectan as árbores valiosas e potenciando a amplitude e o aproveitamento da zona. Tamén acondicionarase unha senda peonil no borde litoral que dará continuidade ao actual paseo que une Punta da Guía coa ETEA.

Plan Sectorial

O Plan Sectorial, aprobado polo Consello da Xunta o pasado mes de febreiro, aposta por converter os terreos da antiga ETEA nun centro de referencia e excelencia da investigación mariña a nivel internacional, ao tempo que procura a integración do barrio vigués de Teis-A Guía, contribuíndo á súa revitalización.

O obxectivo é acadar un espazo multidisciplinar, no cal se unan os usos sociais – asistenciais, culturais, deportivos, residenciais, entre outros- e os científicos, co fin de atraer a cidadanía cara a este campus.

Teis presenta un claro déficit de infraestruturas deportivas, de lecer e esparexemento a pesar de ser un barrio de alta densidade de poboación. No proxecto tivéronse en conta as demandas veciñais, a dispoñibilidade do espazo e as características da zona.

A superficie total contemplada no Plan sectorial é de 115.000 metros cadrados, repartidos do seguinte xeito:

Proxecto Sectorial Área de viais, espazos libre es infraestruturas. Superficie de 20.029 m². Mantén as determinacións establecidas no anterior Plan

Proxecto Sectorial Área Científico-Tecnolóxica 1, neste ámbito integraranse as instalacións da Iniciativa Atlántica en Investigación e Tecnoloxía Mariña do Centro Superior  de Investigaciones Científicas (CSIC). Os novos usos localizaranse ben nos edificios existentes ou nos espazos vacantes cunha superficie  de 16.042 m²

Proxecto Sectorial Área Científico-Tecnolóxica 2, redúcese, respecto do Plan anterior, o seu ámbito ao ocupado polos edificios Faraday e Siemens (antigas denomiacións ETEA), para acoller as novas demandas do Campus de Excelencia Internacional, nun ámbito de 4.180 m².

Proxecto Sectorial Área Científico-Tecnolóxica 3, albergará as instalacións do Instituto Español de Oceanografía e o Módulo Tecnolóxico do Mar da Universidade de Vigo, atendendo aos requerimentos destes dous organismos, ten unha superficie de 14.684 m², e edificabilidade  non superará os 7.000 m² construídos.

Proxecto Sectorial Equipamento deportivo, usos complementarios dotacionais e Parque Urbano, mantén a delimitación do seu ámbito establecido no Plan anterior, e as súas determinacións. Só se modifica a súa denominación cunha superficie de 31.291 m².

Proxecto Sectorial Área de Usos recreativos, mantéñense os usos relacionados coa potenciación do goce e uso público do litoral e a apertura da praia do Areal da Punta á cidadanía. O Proxecto sectorial ordenará o ámbito para a localización de usos relacionados coa potenciación do uso do litoral e apertura da devandita praia. Exclúense dos usos permitidos os relacionados coa náutica deportiva e os recreativos turísticos e comerciais complementarios da actividade do campus científico-tecnolóxico, a superficie é de  7.625 m² e edificabilidade que non superará os 2.150 m² construídos.

Proxecto Sectorial Área de Usos complementarios, ordenará detalladamente o ámbito para a localización de usos complementarios dos científico-tecnolóxicos, tales como os socio-culturais, socio-asistenciais, socio-culturais , residenciais, así como os servizos de xestión e innovación empresarial, a superficie de 21.199 m², e edificabilidade máxima de 14.600 m².

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.