Vigo al minuto

Feijóo, este mércores en Vigo, na reunión entre asteleiros mexicanos, Pemex e asteleiros galegos

O presidente da Xunta estará presente na reunión que manterán, este mércores en Vigo, unha delegación mexicana formada por directivos de estaleiros e da petroleira Pemex, con representantes de estaleiros vigueses e ferroláns. Feijóo, acompañado polo conselleiro de Industria, Javier Guerra, asistirá a este encontró que ten coma o obxectivo de avanzar no acordo que inclúe a participación de industrias navais galegas na construción de 14 remolcadores, 7 deles en estaleiros galegos e outros 7 en cooperación con estaleiros do país americano.

Ademais da construción dos remolcadores, o preacordo con Pemex inclúe outras posibilidades como a de construír dous quimiqueros en Navantia ou outros estaleiros galegos e de confeccionar un flotel.

Os directivos de estaleiros mexicanos e de Pemex, que están en Galicia dende este martes, xuntaranse cos responsables dos asteleiros galegos no Hotel Pazo dos Escudos, dende as 9 e media da mañán, nunha sesión na que tamén intervirá un representante da Asociación Clúster del Naval de Galicia (Aclunaga). Segundo fontes do gobernó galego, os representantes mexicanos visitarán as instalacións dalgunha das factorías navais de Vigo e de Navantia, en Ferrol.

Os estaleiros vigueses que teñen o tamaño e a infraestructura para fabricar os remolcadores son Armón, Freire e Cardama, mentras que os quimiqueiros poderían ensamblarse en Vulcano, Barreras e Metalships.

 

También te puede interesar