Vigo al minuto

A CIG chama a mobilizarse contra o rescate este domingo

A Confederación Intersindical Galega (CIG) fai un chamamento aos cidadáns para que mañá, domingo 1 de xullo, non quedemos na nosa casa e gritemos contra o rescate da UE á banca española. Haberá manifestacións en Vigo, A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía e A Estrada.

No caso da marcha de Vigo, que será a manifestación central, partirá do cruce da Doblada ás 12:00 horas e rematará na Porta do Sol.

A CIG alerta das graves consecuencias que terá o rescate coa imposición de novas medidas de recorte de dereitos laborarios e sociais, suba do IVE e a privatización de servizos públicos.

Para o sindicato nacionalista hai que saír á rúa polo debate que está habendo arredor do rescate á banca, de preto de 100.000 millóns de euros, as informacións contraditorias que se suceden día a día, nunha premeditada cerimonia de confusión, e a farsa que está montada en torno a iso.

También te puede interesar