RGPD - Cookies
Vigo al día

Vigo, sede do Campionato do Mundo de Pesca Submarina

Este mércores presentouse en Vigo o Campionato do Mundo de Pesca Submarina que disputarase na cidade do 5 ao 8 de xullo e ao que concurrirán 18 países, entre eles Arxelia, Brasil, Chile, Croacia, Eslovenia, Finlandia, Gran Bretaña, Grecia, Italia, Noruega, Perú, Portugal, Rusia, San Marino, Tahití, Ucrania e Estados Unidos, ademais da propia selección española.

O Campionato do Mundo chega á cidade olívica tras a súa edición de 2010 celebrada en Croacia. Daquela, España rematou a competición no terceiro lugar da clasificación por países, por detrás de Croacia e Italia, ademais de situar a tres participantes españois entre os dez primeiros postos da clasificación individual. O ano pasado, España proclamouse campioa de Europa por equipos.

A selección española que participará neste Campionato conta coa presenza de Santi López Cid, Antonio Linares, Jaime Heras, Ricardo González, Sergio de Julián e Tomás Dávila, capitaneados por José Antonio Olmedo e por Amanç Bolos como xefe de expedición.

 

También te puede interesar