RGPD - Cookies
Vigo al día

A CIG propón a UGT e Comisión Obreiras unha Folga Xeral para despois do verán

A Confederación Intersindical Galega (CIG) está disposta a convocar unha Folga Xeral despois de o verán e pediulle aos demáis sindicatos, principalmengte a UGT e Comisións Obreirtas, que se senten a falar da mesma.  O secretario comarcal da CIG en Pontevedra, lembrou que a central ten programadas programa manifestacións en Pontevedra, Vigo, Vilagarcía, A Estrada, A Coruña, Santiago, Lugo e Ourense o 1 de xullo, ás 12.00 horas, baixo o lema ‘Paremos este saqueo á clase traballadora’, e nas que se denunciará o rescate bancario e pedirase “un castigo penal para os culpables”.

Rafael Iglesias sinalou que a provincia está a sufrir o desmantelamento de sectores claves da economía, empezando polo Citroën e sen esquecer ao naval «afogado polo ‘tax lease‘», a pesca, e os servizos e, ao seu xuicio, o peor é que «todos os expertos coinciden en que temos crise ata o ano 2018″. Iglesias advertiu de que o rescate da banca traerá consecuencias como a subida do IVE,  un novo atraso na idade de xubilación ou máis conxelación salarial

O secretario comarcal da CIG asegura que o rescate á banca «demostra que era mentira o que dicían os gobernos do PSOE e PP, de que o sistema financeiro español era un dos máis saneados do mundo». Neste senso lembrou que a CIG, xunto co sindicato vasco ELA denunciou no Tribunal Supremo, por presunta prevaricación por omisión e delitos societarios, aos exgobernadores do Banco de España Jaime Caruana e Miguel Ángel Fernández Ordóñez; e contra José María Aznar, José Luis Rodríguez Zapatero e o actual xefe do Executivo, Mariano Rajoy, así como aos exministros de Economía Rodrigo Rato, Pedro Solbes, Elena Salgado e o actual titular Luis de Guindos.

 

También te puede interesar