Galicia Video

Me llena de orgullo…y satisfacción

Máis de un cento de personas sairon á rúa en Vigo este sábado atendendo o chamamento da Asociación Nos Mesmas, na manifestación polo Día do Orgullo Lésbico, Gay, Transexual e Bisexual que este ano reivindica o respeto ao matrimonio igualitario. Os manifestantes denunciaron que os cambios que propón o Goberno no ámbito legal, suporá unha marcha atrás nos lexítimos dereitos adquiridos polos cidadans homesexuais, empezando polo matriminio. Entre eles, segundo salientaron, os que atinguen as pensións ou ás adopcións, “sen esquecer o efecto a nivel de rúa, no que quedará fixada a postura da Igrexa de que o único matrimonio válido coma tal é entre un home e unha muller, e impedindo que teña a misma consideración o que é entre dúas mulleres ou dous homes”, tal e coma manifestara hai uns días Elisabet Pérez, representante de Nos Mesmas.

Os actos tamén denunciaron os recortes en materia educativa, coa supresión da asignatura de Ciudadanía por outra na que non se fará mención á igualdade de dereitos no que atingue as tendencias sexuais , e no ámbito sanitario coa retirada de axudas aos afectados polo VIH-SIDA.

Ao termo da manifestación, que recoreu Colón e Policarpo Sanz ate a Porta do Sol e a Praza da Princesa baixo o lema “Matrimonio Igualitario. Igualdade sen recortes”, seguiu unha  Festa Tortillera, na Praza da Consitución, con tapas de tortilla e música.

Os actos do Orgullo LGTB, seguen o martes, día 26, ás 4 da tarde, co ‘Obradoiro Danza-Clown’, na rúa Ruiseñor, 16, preto da zona peonil do Calvario; Club de Lectura CRF “A semellanza” de María Xosé Queizan,mércores 27 ás 6 da tarde, no Centro de Recursos Feministas (Biblioteca Central), organizado polo CRF e Implicadas no Desenvolvemento e  Palestra nas xornadas organizadas polo Centro Social “O Fresco”; día 28, ás 6 da tarde,  coa Palestra: “A LGTBfobia na Galiza e no mundo. Perpectiva actual.” , conferencia, charla, coloquio na que participan Antonio Alonso, Coordinador Amnistia Internacional, Vigo e Laura Guisante, militante Briga, e o 29 ou 30 de xuño, no Centro Social de Ponteareas.

 

 

También te puede interesar