Vigo al minuto

O BNG di que as modificacións de crédito do Concello son unha «chapuza», pero as aprobará

Eso foi o que declarou este venres o voceiro do Grupo Municipal do BNG. Santiago Domínguez Olveira, para quen as dúas modificacións de crédito, de preto de 3 millóns de euros son “unha chapuza administrativa«, adiantou que os tres concelleiros do Bloque votarán a favor delas no Pleno do vindeiro luns. O apoio a esta proposta, feita dúas semáns despois de ratificarse os orzamentos,  é necesario posto que eses casi 3 millóns servirán para pagar “facturas que o Concello ten que pagapendentes«. Domínguez salientou que, ademáis, estas modificacións non alteran os presupostos deste ano e que votar sería o mesmo que recoñecer que non se quere pagar o que se debe. «Estariamos a cometer unha irresponsabilidade ao propiciar que os vigueses tivesen que pagar máis por traballos xa realizados, ao ter que incluír xuros de mora».

O ex tenente de alcalde, quen lembrou que non é a primeira vez que pasa isto,  engadiu que “non imos a poner en risco ás empresas que xa prestaron os seus servizos”, ao tempo que sinalou que os cartos pagarán débedasd tanto do anterior gobernó, formado por PSOE e BNG, coma do presidido pola popular Corina Porro, en concreto as obras do antiguo Rectorado de Areal ou a Urbanización de Barreiro.

Ao mesmo tempo que dan o seu voto as devanditas modificacións, os nacionalistas proporán ao Pleno a aprobación dun Plan Financieiro que estiman “necesario”, xa que o Concello non cumpriu en 20011 co obxectivo de estabilidade orzamentaria, logo de que non fose posible contabilizar os ingresos procedentes do Goberno e da Xunta, que «non chegaron á hora de contabilizalos como propios».

Polo contrario, o Partido Popular, que xa calificara de “vergoñenta” a actitude do gobernó local facendo esta proposición pouco tempo despois de aprobar os presupostos, denunciou este venres que o Concello pagou  7.000 € a unha asesoría externa polo estudio económico financeiro municipal. Segundo o concelleiro Miguel Fidalgo, “trátase dun deses informes ad hoc no que os contratados reflicten o que se lles pide”, como, subliñou, amosa o feito de que «vén a constatar que soamente se deben realizar lixeiros retoques nos números do Concello«. Na súa  é algo increíble xa que “tamén sinala un desfase de 25 millóns e medio de euros nas contas do Concello en 2011″.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.