RGPD - Cookies
Galicia

1,2 millóns de aforro sen 7 organismos da Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra iniciou hoxe o proceso de extinción da súa descentralización funcional coa disolución de 7 organismos autónomos que, non obstante, conservarán cada unha das súas marcas, según explicou o presidente da institución, Rafael Louzán.

Os servizos e actividades que viñan desenvolvendo  serán asumidos pola propia Deputación mediante unha xestión directa non diferenciada, a través dos seguintes Servizos:

  • A Escola de Canteiros pasa a ser un servizo de nova creación denominado Servizo da Escola de Canteiros
  • Turismo Rías Baixas pasa a ser un servizo de nova creación denominado Servizo de Turismo
  • O Museo de Pontevedra pasa a ser un servizo de nova creación denominado Servizo do Museo Provincial
  • A Caixa de Anticipos integrase no Servizo de Cooperación
  • O Ipespo integrase no Servizo de Infraestruturas
  • O Cpam pasa a integrarse no novo macroservizo denominado Servizo de Asistencia Intermunicipal
  • O Oral integrase no servizo de Tesourería

A disolución terá efectos de 31 de decembro de 2012 e tén o obxectivo dun aforro de 1,2 millóns de euros.

A disolución dos OOAA e a súa integración na Deputación suporá numerosas ventaxas e trátase de coordinarse, de evitar duplicidades, de adelgazar a Administración, de aunar esforzos e mellorar a xestión e de rentabilizar mellor os recursos humanos.

También te puede interesar