Vigo al día

O PP denuncia unha modificación crediticia no Concello, de 2,8 millóns a dúas semáns de aprobar os orzamentos

O grupo municipal do PP calificou de vergoñento o feito de que o gobernó local propoña dúas modificacións de creto a pouco menos de dúas semáns dende que se aprobaran os orzamentos no Pleno do Concello. O concelleiro Miguel Fidalgo adiantou que este é un dos puntos da vindeira reunión da corporación, na que o equipo de Abel Caballero plantexará estas operación por un total de 2,8 millóns de euros que, na opinión dos populares só pretende “tapar ocos en partidas que non aparecían no documento de presupostos aprobado hai 15 días”.

Entre as mesmas están 500.000 € destinados a pagar unha expropiación feita hai máis de 20 anos nos montes de Beade, “aprobada por un alcalde do PSOE para á ampliación do campus da Universidade” que, denunciou Fidalgo, non se recolle nos orzamentos para 2012. Ademáis o PP amosou a súa sorpresa polo feito de que non se incluirán nos mesmos “tódalas facturas pendentes de pagamento, remitidas ao Goberno central”, polo cal acusou á responsable da Concellería de Facenda de “falta de competencia” e incapacidade para facer unha verdadeira xestión económica. “Neste caso, Raquel Díaz non pode culpar ningún técnico de que o deixara de informar ao respecto. É unha mostra pura e dura de como se tramitan estas cuestións no Concello “, salientou o representante popular.

 

También te puede interesar