Galicia

A Audiencia Nacional estuda as denuncias contra Pego e García Paredes polo cobro de indemnizcións millonarias de NCG

As mesmas foron presentadas por un particular polo cobro de máis de 20 millóns de euros, en concepto de prexubilacións e indemnizacións, por parte do exdirector xeral José Luis Pego, o exdirector xeral adxunto Javier García de Paredes, o exresponsable do grupo inmobiliario Gregorio Gorriarán e un dos directivos ao cargo da unión de Caixa Galicia e Caixanova-, Óscar Rodríguez.

Aínda que tramitáronse  nun xulgado de A Coruña que se inhibiu do Xulgado de Central de Instrución número 2 da Audiencia Nacional, ao fronte do cal está o xuiz Ismael Moreno, quen asumiu as mesmas e remitiunas á Fiscalía desta sede xudicial para que emita un informe.

O fiscal Marcelo Azcárraga será o encargado de estudalas e determinar se existen indicios de delito para a súa admisión a trámite. A apertura desta causa suporía a xudicialización destes cobramentos recibidos polos antigos directivos das antigas caixas galegas, que recibiron unha inxección de 2.465 millóns de euros por parte do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB), que controla o 93% da entidade resultante da fusión.

Doutra banda, a Fiscalía está a revisar a valoración de Novacaixagalicia presentada polos antigos directivos, que reflectía un valor en libros de 1.784 millóns de euros como capital fundacional e que o Banco de España reduciu a 181 millóns de euros.

 

También te puede interesar