RGPD - Cookies
Galicia

83 feridos e dous mortos nas estradas galegas esta fin de semán

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana un total de 83 persoas feridas nos 66 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entres as 3 do serán do día 1, e as 23:59 h. do domingo. A Central de Coordinación do 061recibiu nestes días 73 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 66 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 83 persoas.

A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 65 e 35% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 49% dos atendidos tiña entre os 20 e os 44 anos.Por provincias foron A Coruña e Pontevedra as que rexistraron máis accidentes con 26 sinistros de tráfico cada unha durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados foron 90, así, a ambulancia medicalizada acudiu a catro sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 78 accidentes, e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete sinistros.

En 70 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, tres persoas foron trasladadas a un centro de Atención Primaria, outros oito feridos foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e dúas persoas faleceron no lugar do sinistro.

 

También te puede interesar