O BNG denuncia a desactivación da tarxeta sanitaria a embarazas e menores

A voceira de Sanidade do BNG no Parlamento de Galicia ven de presentar varias iniciativas nas que denuncia a desactivación de tarxetas sanitarias e asistencia a menores e mulleres embarazadas. Nun comunicado, Ana Luisa Bouza subliña a atención sanitaria a mulleres embarazadas égratuíta, teóricamente pero, en realidade hai asociacións que alertaron da emisión de facturas pola asistencia en urxencias”.

Para a deputada nacionalista, estos feitos confirman a “desigualdade e deterioración da atención á saúde, e constata que as peor paradas dos recortes na sanidade son as mulleres” e, sobre todo, as inmigrantes do traballo doméstico, “ás que agora hai que sumar as embarazadas, malia o discurso natalista do Goberno galego”.

Bouza preguntará ao Goberno galego qué medidas ten previsto adoptar para garantir “unha información completa e veraz” das persoas ás que “se lles está a negar ou a lles cobrar” a asistencia sanitaria en centros dependentes do Sergas

 

También te puede interesar