Vigo al minuto

‘Porto do Son’, dos lucenses Mullet, premio ao mellor videoclip en Cans

Así o decidiu o xurado, formado pola actriz Isabel Risco, o actor Santi Romay, o xornalista Iago Martínez e o músico Germán Coppini.  Os xuices consideraron que o mellor clip foi, dos 20 que entraron en concurso, foi’Porto do son’, da banda lucense Mullet, do realizador Rubén Domínguez. O xurado entedeu que o mesmo era merecedor do galardón por ser “”honesto, directo, precario e canalla”.

Este sábado, o Festival de Cans ponse en acción as 9 e media da mañá coa ruta a pé ‘Camiño de Atios, remontando O Roupeiro’, dende a Igrexa de Cans. Ás 11e media haberá un coloquio coa directora Isabel Coixet, que, posteriormente, colocará a súa estrela no Torreiro das Estrelas de Cans, o mesmo que fará, ás 4 da tarde o actor Chete Lera.

As proxeccións da sección oficial comezarán ás 4 e media, con ‘Miradas de Cans”, Manuel Rivas e Kiko da Silva, na Sala Multiúsos e con ‘Galegos non espazo exterior‘; entre as numerosas proxeccións previstas para o sábado, ás 5 iniciarase tamén a sesión de curtos documentais e, para os que van pola música,  durante esta xornada actuarán en Cans artistas como Sés, Bruno T. Ford, Mullet, O Sonoro Maxín ou Habelas Hailas.

 

También te puede interesar