Vigo al día

Vigo, centro dos actos das Letras Galegas adicadas a Paz Andrade

A Real Academia Galega organiza, como é tradicional no 17 de maio, unha sesión plenaria extraordinaria e pública na Fundación Barrié (ás 12.00 horas), na que participarán destacados académicos como Xavier Vence Deza, Manuel Rivas Barrós, Ramón Villares Paz, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Xesús Alonso Montero e o presidente da institución, Xosé Luís Méndez Ferrín.

Unha hora antes, o alcalde descubrirá dunha placa dedicada ao célebre e polifacético galleguista, nun acto organizado polo Goberno local, e que se celebrará no Edificio Sanchón.

A Xunta, así mesmo, se sumará ás celebración institucionais do Día dás Letras Galegas cun acto no Centro Integrado de FP Valentín Paz-Andrade de Vigo ás 13.30 horas. Nel, o presidente da Xunta inaugurará unha exposición multimedia sobre o autor. Ademais, a partir das 19.30 horas, a Cidade da Cultura acollerá un recital de Yolanda Castaño xunto co grupo ‘Tender a man’.

O centro cultural de Novacaixagalicia, abre unha exposición homenaxe ao galeguista baixo o título “Galiza como tarefa”, con documentos orixinais, fotografías da época, mapas, debuxos, maquetas, obras de arte e documentos audiovisuais.

 

 

También te puede interesar